Inauguración Mardesía

cartel sobral mardesia

Esta exposición forma parte do proxecto «Mardesía, estancias de mar, arte e poesía», que busca atraer ao turista interesado en coñecer a vida mariñeira e presentarlla a través da arte e a poesía inspiradas no mar.
Mardesía conta con un pequeno espazo dedicado a albergar unha exposición que baixo o título “crebeir_arte” pon en valor a vida e cultura mariñeiras a través dos ollos dos artistas galegos, que transmiten como ningúns outros o mar e o que representa nas vidas mariñeiras. As diferentes vilas de Mardesía servirán, á súa vez, de espazos expositivos; Son atmósferas acolledoras cheas de encanto nas que as pezas expostas brillan con todo o seu esplendor gracias ao silencio visual imperante.
A primeira exposición programada para a inauguración das vilas é a do pintor Antón Sobral: ACOUGO ISLANDS

En palabras do autor: “Os meus cadros son illas. Mares, horizontes, xerfas, brétemas, abstraccións… convertidas en illas dispostas verticalmente nun amplo mar-parede. Mar-illas. E estas illas intentan transmitir acougo, calma, tranquilidade, paz interior, silencio.
Penso que o proxecto Mardesía Crebeir_arte ten esa mesma filosofía. Este achegamento á cultura mariñeira a través dunha mostra onde as obras de temática mariña cunha visión contemplativa buscan unha inmersión sinxela e auténtica na natureza.
Os meus mares, as miñas cores son produto dunha labor de máis de corenta anos de traballo na busca dunha identidade e tamén de abrirlle os ollos ao espectador na percura dunha vivencia esencial: a beleza.
O obxectivo do meu traballo é a emoción. A mirada dunha obra miña tenta espertar un sentimento positivo, unha emoción profunda e un estado de ánimo ledo a quen se preste a contemplala.
Acougo como resposta ao estresante mundo exterior agresivo e cheo de ruídos, medos, ameazas, sufrimentos inútiles.
Sempre estiven interesado polos límites da visibilidade da paisaxe marítima como un acontecemento representativo. Para captar esta visibilidade utilizo diversos medios de expresión artística dende a pintura , a fotografía, o audiovisual, a palabra.”

A exposición permanecerá instalada e a disposición dos clientes das Vilas durante a lo menos 6 meses.

En cada vila o visitante poderá gozar da exposición da polifacética obra de Antón Sobral a través dunha selección de cadros e libros que se complementarán coa posibilidade de visionado da súa obra de videocreación dispoñible baixo demanda a través do sistema audiovisual integrado na vila e xestionado a través do PAM (Persoal Asistente Mariñeiro).

O acto inaugural ten prevista unha duración dunha fin de semana para facilitar a asistencia de máis público, facéndoo coincidir coas xornadas de portas abertas das vilas Mardesía.
Neste acto ofertaranse actividades seleccionadas do PAM como a do paseo pola praia e recollida de crebas.

A programación para o acto inaugural é a seguinte:

INAUGURACIÓN: 23 – 24 DE FEBREIRO

SÁBADO 23

12:00- Acto inaugural
13:00- Pincho Galaico

Xornada de tarde: portas abertas e actividades

DOMINGO 24

De 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 : portas abertas

Comments are closed.
¿Necesitas ayuda?